Friol é un concello da Provincia de Lugo en Galicia. Pertence
á Comarca de Lugo.
--xentilicio
friol-friolés
--historia
En Friol quedan aínda vestigos megalíticos e castreños,
os máis antigos que conserva este municipio. Esta terra foi tamén ocupada
por romanos e visigodos.
Na Idade Media as familias Ulloa, Parga e Seixas
repartíronse o poder neste termo. Boa mostra diso son as edificacións,
torres e castelos, que poboan o territorio: A Torre de Friol, a
Fortaleza de San Paio de Narla, torre de Miraz, Pazo
de Remesil e de Trasmonte.
A edificación máis coñecida de Friol é a fortaleza de San
Paio de Narla, de orixe descoñecida e reconstruída no século XVI
por don Vasco de Seixas, señor da Casa Solar e Castro de
Seixas e do Pazo de San Paio de Narla; fillo de Don
Vasco de Seixas "o vello" e de María Álvarez de Sotomayor e
neto de Don Vasco de Seixas, quen xa no século XIV era señor de
San Paio, Oseira, Chantada, Ferreira, Samos,
Sobrado e Eiré. Participou na loita dinástica dos Trastámara en
favor de Don Enrique. En aquela época quedou repartido o espazo
señorial lucense entre apenas cinco familias: os Vázquez de
Seixas, Ulloa, Lemos, Saavedra e Pardo.
--pobos
Anafreita (San Pedro) | Anxeriz (Santa María) | Bra (San Martiño) |
Carballo (San Xiao) | Carlín (Santa María) | Cotá (San Martiño) |
Friol (San Xiao) | Guimarei (Santa María) | Guldriz (Santiago) | Lamas
(Santa María) | Lea (San Xurxo) | Madelos (Santalla) | Miraz
(Santiago) | Narla (San Pedro) | Nodar (San Mamede) | Ousá (San Xiao)
| O Pacio (Santa María) | Prado (San Martiño) | Ramelle (Santa María)
| Rocha (San Cosmede) | Roimil (San Xiao) | San Cibrao da Pregación
(San Cibrao) | San Martiño de Condes (San Martiño) | Santalla de
Devesa (Santalla) | Seixón (San Paio) | Seoane da Pregación (San Xoán)
| Serén (Santa Cruz) | Silvela (Santa María) | Trasmonte (Santiago) |
Vilafiz (Santa María) | Vilalvite (San Pedro) | Xiá (Santa María)
--san Paio de Narla, un monumento historico
A actual edificación erixiuse entre os séculos XVI e XVIII. Consta dun
grande corpo central, de planta rectangular, flanqueado pola torre da
homenaxe e por un gran torreón, construído todo iso con grosos
muros de cantería.
O Museo - Fortaleza está perfectamente acondicionado e alberga
interesantísimas coleccións de obxectos antigos, así como a
recreación de ambientes medievais e renacentistas.
Esteban Pérez Baamonde
miércoles, 10 de diciembre de 2008
friol de novo!!
--ubicación
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

1 comentario:
Estaría ben organizar a información nunha única entrada, facilitaría moito a lectura. Sigo opinando que un fondo máis claro ou unha letra máis contrastada faría a páxina máis atractiva visualmente.
Sigue faltando a parte de relación persoal co este pobo.
Publicar un comentario