O Día Internacional da Muller Traballadora ou tamén Día Internacional da Muller celébrase o día 8 de marzo e está recoñecido polas Nacións Unidas. Neste día conmemórase a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento integro como comparece. É festa nacional nalgúns países e é conmemorada por Nacións Unidas.
A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX en plena revolución industrial e auxe do movemento obreiro. A celebración recolle unha loita xa emprendida na antiga Grecia por Lisístrata, quen empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra, e reflectida na Revolución Francesa, as parisienses que pedían "liberdade, igualdade e fraternidade" marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino, pero non foi ata os primeiros anos do século XX cando se comezou a proclamar, dende diferentes internacionais de esquerda, a celebración dunha xornada de loita específica para a muller e os seus dereitos.
machismo:Actitude de prepotencia dos homes respecto das mulleres.
Feminismo:Doutrina social favorable á muller, a quen concede capacidade e dereitos reservados antes aos homes. Movemento que esixe para as mulleres iguais dereitos que para os homes.
sexo:Condición orgánica, masculina ou feminina, dos animais e as plantas.
xénero:masculino-femenino. É o conxunto de valores, sentimentos, actitudes, capacidades, roles..., asignados culturalmente a unha persoa polo feito de nacer dun sexo oi outro. En definitiva é uunha contrución cultural que limita o desenvolvemento integral das persoas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario