TEST. EXPOSICIÓN “MULLERES NA HISTORIA”
- Que muller reclamou a igualdade de dereitos para a muller durante a Revolución Francesa:
- Méricourt b. Mary Wollstonekraft
c. Olympia de Gouges d. Alexandra Kollontai
- Para Wollstonecraft que debía rachar coa subordinación da muller:
- a educación e as leis do Estado
- a iniciativa dos homes
- a aplicación de sancións exemplarizantes
- a existencia dun modelo patriarcal
- Quen pronunciou esta frase: “que pode, entón, facer a muller polo escravo, cando ela mesma se atopa baixo os pes do home e condenada ao silencio”:
- Flora Tristan b. Louise Michel
c. Louise Otto Peters d. As irmás Grimké
- Cal pode ser unha das conclusións da 2ª etapa (2 opcións son as correctas):
- A liberación da muller debe vir acompañada coa liberación do proletariado
- O diñeiro é o mecanismo de igualación social máis importante
- O matrimonio é unha situación de escravitude para a muller
- As mulleres deben calar e obedecer aos homes para seren felices
- En que reivindicación destacaron Millicent Garret Fawcett e Emmeline Pankhurst:
- Na demanda de emprego de costureiras
- Na esixenza do dereito ao voto para as mulleres
- Na exposición pictórica dos desexos
- Na declaración dos Dereitos Humanos
- Que muller destacou por loitar contra a prostitución infantil?
- Lucretia Mott b. Lucy Stone
c. Josephine Butter d. Emmeline Pankhurst
- Que muller, ao casar, leu un comunicado no que proclamaba a igualdade da muller co home e denunciaba a norma legal existente?
- Elizabeth Cady Stanton b. Lucretia Mott
c. Lucy Stone d. Josephine Butter
- Que 2 mulleres cofundaron o Partido Comunista Alemán?
- Alexandra Kollontai e Clara Zetkin
- Clara Zetkin e Rosa Luxemburgo
- Ana Maria Mozzoni e Rosa Luxemburgo
- Cal era o lema que berraban as mulleres nas manifestacións obreiras de inicios do XX:
- “Así, así, nós, venceremos”
- “Pan e Rosas”
- “Agora ou Nunca”
- “Nunca Máis”
- En que ano nace a proposta de dedicarlle á muller un Día Internacional?
- 1900 b. 1910
c. 1931 d. 1978
- Que muller estivo primeiro na fronte da Guerra Civil defendendo á “República” e logo 7 anos na guerrilla en Galicia loitanto contra a ditadura franquista?
- Concepción Arenal b. Clara Campoamor
c. Enriqueta Otero d. Margarita Nelken
- Anota o nome de 2 mulleres españolas que estiveron nas Cortes da II República:
Primeiro nome:Clara Campoamor
Segundo nome:Margarita Nelken
- Quen dixo o seguinte: A principal causa do atraso da muller está no absurdo principio de superioridade que o home se atribúe”
- Concepción Arenal b. María Telo
c. Teresa Claramunt d. Emilia Pardo Bazán
- Antes, durante o réxime franquista, as mulleres non podían, sen permiso expreso do marido, traballar, cobrar salario, ocupar cargos ou abrir unha conta, que muller española loitou para cambiar as leis e suprimir esa subordinación da muller aos maridos?
- Mariana Pineda b. María Telo
c. Dolores Ibárruri d. Federica Montseny
- Que muller ideou o lema “No pasarán” que se identificou coa defensa de Madrid ante o avance das tropas franquistas?
- Enriqueta Otero b. Margarita Nelken
c. Maria Lejárraga d. Dolores Ibárruri
- Quen escribiu o ensaio máis revolucionario do século XX para denunciar a situación de dominio do home e a explotación da muller?
- Betty Friedan b. Benazir Bhutto
c. Rosa Louise Parker d. Simone de Beauvoir
- O movemento feminista fixo causa común no movemento de liberación afroamericano: que muller simboliza esta circunstancia?
- Shirin Ebadi b. Angela Davis
c. Wangari Maathai d. Susan George
- O activismo a favor dos dereitos da muller en pobos oprimidos faise en condicións de máximo perigo para a propia vida das activistas, isto provoca que se lles conceda o Premio Nobel da Paz: que catro mulleres obtiveron ese recoñecemento?
- Shirin Ebadi b. Rigoberto Menchu
c. Aung San Suu Kyi d.Wangari Maathai
- Que muller decidiu deixar unha profesión cómoda (ensinante) para traballar nunha fábrica e así coñecer as condicións de vida dos obreiros e así poder loitar mellor polos seus dereitos?
- Hannah Arendt b. Simone Weil
c. Arundhati Roy d. Susan George
- Hoxe, millóns de persoas coñecen en todo o mundo a miseria e a explotación. Dúas mulleres destacan na denuncia da degradación ecolóxica do planeta e a situación de explotación laboral:
- Marta Harnecker – Hannah Arendt
- Susan George – Naomi Klein
- Arundhati Roy – Simone Weil

No hay comentarios:
Publicar un comentario