1. O galego facilitounos a aprendizaxe doutros idiomas: fíxonos máis sinxela a comprensión oral e escrita doutras línguas, axudounos a identificar e pronunciar noutros idiomas sons que non existen en castelán e facilitounos a aprendizaxe de novas estruturas gramaticáis.
-Xustificación:
* Xesús Magariños, programador:
"Para min o galego sérveme para estar no mundo. Empregoo para aprender outros idiomas e mellorar a pronunciación. Axudoume en Polonia coa pronunciación do polaco, en Londres co inglés e nestes intres estame a axudar co francés. Algúns do momentos máis divertidos da miña vida foron en galego e serviume para integrarme e facer amigos. Fixen unha das minhas mellores amigas en Polonia co noso idioma. Decidiramos experimentar e empregar os nosos idiomas para comunicarnos. Ela o leccese, e eu o galego. A comunicación era bastante fluida independentemente da temática."
2.A capacidade de falar galego fixo posible que nos comunicáramos con cidadáns de Portugal e Brasil (entre outras nacións posibles, que xuntas suman unha poboación de arredor de 200 millóns de persoas).
Xustificación:
Inma Gil, xornalista
Como xornalista no servicio mundial da BBC teño que cubrir a diario noticias internacionais, tratando na medida do posible de falar directamente cos protagonistas das historias. A capacidade de falar galego axudoume en numerosas ocasións: fixo posible que me puidera comunicar por teléfono con xente de Brasil para facer entrevistas, permitiume ler e traducir textos en portugués que eran útiles para a investigación dun tema e permitiume falar directamente con entrevistados sen precisar dos servizos dun intérprete, algo que limitaría e faría moito máis lento o proceso de producción.
3.No estranxeiro, o feito de falar galego e polo tanto comprender o portugués deunos unha vantaxe competitiva frente a outros traballadores, xa que a nivel internacional o coñecemento de idiomas sempre é un bonus, sexa a industria que sexa.
Xustificación:
# Jorge Lariño Mayo Ex-mergullador profesional
O galego serveume con 18 anos cando fun a suiza a buscar traballo, o galego abreume as portas en algunhas empresas, ( bastante mellor que o castelán) axudoume a comer ( non entendía a carta, pero a camareira era portuguesa) dous anos mais tarde axudoume a encontrar donde durmir en Xinebra ( a recepcionista sendo alemana entendia o galego, era unha amante de Rosalía de Castro), serveume para aprender alemán, francés, italiano e catalán. Serveume en Jamaica, en Miami, onde por certo falar español supuxome un grave problema e case perdo o avión ( por ser latino que no son benvidos, o final tiven que falar alemán para que me atenderan axeitadamente). En galicia o galego serveume para que me insultaran en CORUÑA e FERROL por ser galegofalante ( ano 2003 e 2004).
A ignorancia é a que di que o galego non serve para nada, os ignorantes os que defenden esta postura.
A miña moza é valenciana e non entende o que pasa aquí, que tendo unha lingua tan rica e bonita que sexa despreciada.Este mes estiven en muxia, laxe, fisterra, e asombreime que case todo o mundo menor de 30 anos fala castelán, pero que castelán!! un castelán que da pena oilo. Ah tamén en paris no ano 1989, gracias o galego atopei un hotel barato e xeitoso, o taxista era portugues e levoume a o hotel du stade, o lado do zoo de vicennes ( algo así )
EN seichelles…. un dos restaurantes os que foi un compañeiro meu !era dun galego!.
Usade o galego, é un idioma precioso ademais de útil.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario